Os pais poderán solicitar axudas para a redución de xornada para o coidado dos fillos

Tamén se poderán beneficiar familias monoparentais | Busca acabar cos estereotipos ao redor dos coidados de menores no fogar. 


|

Familiapasear 1


Homes e familias monoparentais que se acollan á redución da xornada de traballo para o coidado dos seus fillos poderán solicitar as axudas que a Vicepresidencia da Xunta pon en marcha para fomentar a conciliación da vida familiar e laboral, así como a corresponsabilidade entre homes e mulleres.


A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentou en rolda de prensa a orde de subvencións que se publican este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que buscan a desaparición dos estereotipos ao redor dos coidados de menores no fogar.


Por iso, a responsable de Igualdade explicou que os beneficiarios desta convocatoria son homes. Ademais, inclúense familias monoparentais, xa que, pola súa situación, necesitan un apoio específico.


O orzamento para este ano ascende a un total de 440.000 euros, cofinanciado ao 80% polo Fondo Social Europeo. En canto á contía das axudas individuais, esta determinarase tendo en conta a porcentaxe da redución de xornada e a súa duración, así como o número de fillos a cargo da persoa solicitante, de forma que oscilarán entre a mínima de 1.700 euros e a máxima de 3.700.


REQUISITOS


Poderán beneficiarse destes apoios os homes ou familias monoparentais que se acollan á medida de redución da xornada entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017 e que teñan ao seu coidado a un fillo menor de tres anos, ou a un menor de 12 anos naqueles casos que padeza unha discapacidade igual ou superior ao 33%.


Tamén poderán acollerse aquelas persoas que adopten a un neno ou nos casos de acollida familiar permanente ou preadoptiva. Nestes supostos, non poderá transcorrer máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial pola cal se constitúe a adopción. En calquera caso, o fillo deberá ser menor de 12 anos.


BENEFICIARIOS


A secretaria xeral de Igualdade subliñou que, desde 2009 a 2016, o orzamento global destinado a estas axudas ascendeu a máis de 4,1 millóns de euros e foron beneficiarios das mesmas máis de 1.700 persoas, dos que o 75% foron homes (1.334) e as 25% mulleres (438) de familias monoparentais.


Así mesmo, López Abella precisou que en 2016 un total de 157 homes recibiron estes apoios, que tamén beneficiaron a 55 mulleres. E é que, con estas axudas específicas para homes, a Xunta busca romper a brecha salarial que afecta de forma negativa ás mulleres.

relacionada 3.400 familias galegas quedan sen prazas públicas de garderías

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE