Podemos rexistra a moción con "máis votos en contra que a favor"

|

Iglesiasescanho


Unidos Podemos-En Comú-En Marea rexistrou este venres no Congreso a súa moción de censura contra Mariano Rajoy e, segundo dixo a portavoz do grupo parlamentario, Irene Montero, o obxectivo é "lanzar unha mensaxe moi clara de que hai unha alternativa seria, firme e contundente ao PP". Ademais, lanzou un aviso ao PSOE: "Se se vota 'Non', está a sosterse ao PP no Goberno".


Iso si, Montero admitiu que, a día de hoxe, hai máis votos en contra que a favor da moción de censura, pois Unidos Podemos só conta con 67 deputados --menos da quinta parte do Congreso-- e, de momento, só ten seguro o respaldo do seu socio electoral de Compromís, que ten catro votos.


"HAI ESPERANZA"


Aínda así, a dirixente do partido morado asegurou que esta iniciativa lanza unha "mensaxe clara" de "esperanza" e de que existe unha "alternativa clara" ao "Goberno corrupto de Rajoy". "Hai esperanza e hai alternativa. Pódese sacar o PP do Goberno", salientou.


Amplía esta información en PressDigital.

relacionada En Marea preguntará aos seus inscritos se apoian a moción de censura a Rajoy
relacionada Iglesias pon como límite o mes de maio para presentar a moción de censura

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress