O Concello de Ourense e Viaqua asinan un protocolo contra a pobreza enerxética

A firma é un paso máis na súa colaboración para evitar cortes da subministración a persoas en situación de vulnerabilidade económica.


|

Masidvazquezviaquaourense


O Concello de Ourense e Viaqua, a empresa que xestiona a subministración de auga na cidade, asinaron este venres un protocolo de medidas contra a pobreza enerxética e a vulnerabilidade económica.


Trátase dun convenio no que ambas as partes establecen medidas de coordinación para detectar novos casos de persoas en risco de exclusión social ou para evitar a reiteración dos casos existentes. Na sinatura participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o director de VIAQUA, Julio Masid; e a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy.


Tal e como recolle o protocolo, Viaqua xa "vén adoptando unha actitude proactiva e de colaboración na detección e prevención de situacións susceptibles de ser tratadas como pobreza enerxética e na identificación de persoas en situación de vulnerabilidade económica". Agora, estas medidas profundan nos procedementos de coordinación co Concello, pola "vontade compartida de dar un paso máis no seu compromiso de atopar solucións e poder garantir o servizo de auga" a todas as familias, co "fin de evitar os cortes de subministración por falta de pagamento" das facturas.


UN SERVIZO DE PRIMEIRA NECESIDADE


Xullo Masid insistiu en que desde Viaqua son "conscientes conscientes de que a crise económica ha levado a persoas e familias a unha situación de vulnerabilidade. E como nós somos responsables dun servizo público de primeira necesidade o que tentamos é que ninguén quede sen servizo de auga se se trata dunha situación de exclusión".


O responsable da empresa de xestión da auga chamou aos cidadáns a non ter reparos en poñerse en contacto coa compañía se teñen dificultades. "Podemos poñer para as persoas con dificultades fórmulas para o adiamento do pago e que ninguén quede sen servizo de auga".


Tanto Masid como Jesús Vázquez cifraron nunhas 20 as familias na cidade que se van beneficiar de forma inmediata deste convenio. Desde Viaqua detectaron que "o número de falta de pagamentos é máis ou menos constante nos últimos 3 ou 4 anos".


"CADA CASO É ÚNICO"


A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, explicou que haberá que analizar as situacións unha a unha "porque cada caso é único".


Ademais, prometeu que as tramitacións de axuda faranse "coa maior celeridade" e que "nos casos máis extremos non vai haber lista de espera" na tramitación de axudas de emerxencia social que permitan aos demandantes "abonar o que lles corresponde".


COORDINACIÓN


Ambas as partes designaron un único interlocutor entre os servizos sociais e a empresa, para facer posible unha comunicación máis áxil e mellor.


Con este protocolo, calquera das dúas partes dará información sobre as tarifas sociais e bonificacións destinadas ás persoas con problemas económicos. Están contempladas nestes casos as familias numerosas ou en risco de exclusión social.


Tamén calquera das partes informará das posibilidades de colaboración cos servizos sociais en caso da falta de pagamento de facturas para evitar o corte da subministración, e darán axuda para tramitar as bonificacións.

relacionada Alxeria toma nota do modelo de saneamento de augas de Ourense, Santiago e Pontevedra
relacionada A auga da billa en Santiago, Ourense e Pontevedra renova o seu selo de "máxima calidade"
relacionada O Concello de Ourense presenta os seus orzamentos entre fortes críticas da oposición

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE