Case 10.400 socialistas galegos están chamados a votar nas primarias

O PSOE habilitou uns 190 centros en toda a comunidade para que os militantes depositen o seu voto. A Coruña é a provincia con máis afiliados.


|

Recuentovotos


Un total de 10.394 militantes socialistas en Galicia están chamados a participar o domingo nas primarias nas que se elixirá a persoa que dirixirá o partido durante os próximos anos. Para iso, poderán acudir a algún dos 188 centros habilitados para votar.


A provincia con maior número de afiliados, a da Coruña, con 3.635, contará con 66 puntos de votación; mentres Pontevedra, con 2.844 carnés socialistas, dispoñerá de medio cento. En Lugo, as 2.106 persoas con dereito a voto poderán exercelo en 47 lugares; e os 1.647 militantes de Ourense terán 25 centros á súa disposición.


Adicionalmente, as 252 persoas que se afiliaron a través de Internet poden acudir á súa correspondente sede provincial.


Aínda que cada militante recibirá un correo para informarlle cal é o seu centro de votación, esta información tamén está accesible a través da páxina web do partido. Para votar, requirirase identificación, ben co carné de identidade, o de conducir ou o pasaporte.


No conxunto do país están convocados ás urnas un total de 187.949 militantes e habilitaranse 2.907 centros na península, illas e cidades autónomas, 64 deles destinados á votación dos afiliados directos. Tamén haberá seis centros de votación en Europa e 11 en América.

relacionada As liortas e reproches entre Sánchez e Díaz marcan o ton do debate do PSOE
relacionada Valentín González Formoso, sobre as primarias: "O importante é o día despois"
relacionada Susana Díaz quere que Sánchez e López lle axuden "a facer grande o PSOE" tras as primarias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE