Rajoy solicita declarar por videoconferencia no caso Gürtel

|

Rajoyvideoconferencia


O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, remitiu un escrito ao tribunal que xulga a primeira época de actividades da trama Gürtel (199-2005) no que solicita que a súa declaración como testemuña neste procedemento se faga por videoconferencia. Sinala os días 26 e 27 do próximo mes de xullo como os máis adecuados para este trámite en función da súa axenda de actividades, confirmaron a Europa Press fontes coñecedoras da comunicación.


A petición para que o testemuño non sexa presencial senón mediante unha videoconferencia desde Moncloa, para que poida verse na Sala de xuízo, foi tamén solicitada o pasado día 10 polo Partido Popular, acusado neste xuízo como partícipe a título lucrativo.

relacionada O tribunal chama a Rajoy a declarar como testemuña no xuízo da trama Gürtel

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress