Pedro Sánchez posiciónase en contra da "mal chamada maternidade subrogada"

O candidato á secretaría xeral do PSOE tamén se amosa contrario á "custodia compartida imposta"


|

Pedrosanchezfeminismo


O candidato para liderar o PSOE, Pedro Sánchez, manifestouse este xoves claramente en contra dos ventres de aluguer nun acto con militantes socialistas feministas. "Non estou a favor de usar o corpo da muller nin para a prostitución nin para a mal chamada maternidade subrogada", afirmou.



Nese acto, e a preguntas de varias das asistentes, o exsecretario xeral socialista que aspira a ser elixido de novo para esa responsabilidade nas primarias deste domingo tamén se mostrou contrario á "custodia compartida imposta" e comprometeuse a traballar, se resulta elixido, para restituír o "dereito" de abortar ás mulleres de entre 16 e 18 anos e a incluír a igualdade de xénero como dereito nunha futura reforma constitucional.

relacionada O PP apraza posicionarse sobre a maternidade subrogada, que Feijóo pediu debater

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE