Editoriais, librarías e Concello suman forzas na SELIC, a I Semana do Libro de Compostela

|

Selicpresentacion// @PazodeRaxoi


A compostelá Praza da Quintana acollerá entre os días 2 e 11 de xuño a I Semana do Libro de Compostela (SELIC), unha iniciativa que nace para "proxectar o mundo do libro en Santiago" e que ten "vocación de permanencia", segundo informou o alcalde da cidade, Martiño Noriega, na presentación do proxecto.


A idea xurdiu no marco da Mesa do Libro hai un ano e medio, e é froito da necesidade de unir ao sector editorial e o das librerías da comarca compostelá, para fomentar "sinerxias" entre ambas. Así mesmo, o alcalde destacou que o Concello apoia e comprométese coa proposta porque entende que hai que "dignificar" o mundo do libro na capital galega, pero insiste en que deben ser os actores implicados quen "marquen o ritmo".


"O éxito deste tipo de eventos é un éxito tamén para a cidade e a vida cultural compostelá".


De momento xa son 32 as entidades, entre librerías e editoriais, que mostraron interese en participar. Unha novidade que destacou Noriega é que todas elas deberán definir os seus espazos expositivos co obxectivo de "evitar coincidencias" e garantir o "mosaico" de ofertas.


A SELIC terá lugar en horario de tarde durante a semana do 2 ao 11 de xuño excepto fins de semana, cando o seu horario alongarase durante todo o día.


Haberá moitas actividades de dinamización, explicou o alcalde, desde presentacións e exposicións ata reunións de grupo, pasando por sesións musicais, talleres e rutas.


Fontes do mundo editorial e as librerías compostelás estiveron presentes no acto de presentación da SELIC, no Salón Vermello do Concello de Santiago, destacaron traballo intenso das entidades implicadas desde a reunión da Mesa do Libro ata a materialización da idea. Así mesmo, fixeron fincapé en que esta iniciativa xorde dunhas necesidades e propostas que emerxen desde os seus respectivos sectores e que o Concello tivo a ben acoller e apoiar.

relacionada A feira do libro de Ferrol chega á súa XXVIII edición

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress