Valentín González Formoso, sobre as primarias: "O importante é o día despois"
O presidente da Deputación da Coruña di que "dá igual quen gañe" e pon o foco en construír "un Partido Socialista forte".
O presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, afirmou que "dá igual ao final quen gañe o domingo", polas primarias do PSOE, posto que, ao seu xuízo, "o importante é o día despois".
"O resultado, loxicamente, vou dicir unha perogrullada, pero que ten a súa transcendencia, decidirano, aquí si, neste partido si, as militante e os militantes de todo o territorio nacional", destacou, a preguntas dos xornalistas antes de participar no congreso de CC.OO. en Santiago.
Respecto diso, destacou que "o que si" espera "é que a partir do luns todos" se poñan "a falar do importante". Neste sentido, apuntou a "todos os retos que teñen agora mesmo os españois" nos distintos ámbitos e resaltou que "requiren un Partido Socialista forte, activo, dinámico e que se identifique por parte da cidadanía como un instrumento útil para o seu futuro".
"Creo que iso é o transcendente", apostilou, antes de valorar que "dá igual ao final quen gañe o domingo", posto que "o importante é o día despois".
Escribe o teu comentario