O Celta non pode coa efectividade do Real Madrid

(1-4). Os vigueses plantaron cara ao equipo branco, que tiña en xogo o liderado da táboa. A expulsión de Aspas no 62 deixou o Celta en inferioridade.


|

Celtarealmadrid

Os vigueses acabaron en inferioridade. //Fonte: RC Celta


O Celta perdeu 1-4 ante o Real Madrid nun partido que os vigueses arrincaron con moi boas sensacións. Un zurdazo de Ronaldo aos dez minutos e un tanto do portugués ao pouco de comezar a segunda parte anularon o traballo do Celta ata entón. O partido descontrolouse coa polémica expulsión de Aspas no minuto 62. Guidetti recurtou distancias, pero o cadro madrileño aproveitou a súa superioridade numérica para pechar o choque.


Balaídos gozou do xogo celeste desde o primeiro minuto. Os de Berizzo arrincaron xogando de ti a ti ante o Real Madrid. A pesar das sensacións do equipo galego, foi o cadro merengue o primeiro en golpear. No minuto 10 Ronaldo sacou un zurdazo da nada, imparable para Sergio, e puxo por diante o Real Madrid.


O Celta foi a máis e terminou dominando con solvencia o partido ata o descanso. Nada máis iniciarse o segundo tempo, unha ocasión de gol de Guidetti transformouse nunha contra madridista que Cristiano Ronaldo finalizou para poñer o segundo tanto do Real Madrid e da súa conta particular. A diana madrileña foi un xerro de auga fría para o Celta, que aos poucos baixou o seu nivel.


A partir do minuto 60, o partido descontrolóuselle ao colexiado. Aspas caeu derrubado na área e o futbolista viu a segunda amarela. O Celta quedaba en inferioridade numérica. Oito minutos despois Guidetti recortou distancias no marcador, pero as esperanzas celestes duraron pouco. Na seguinte xogada Benzema marcou o 1-3. Os célticos non baixaron os brazos ata o final, pero o Real Madrid fixo boa a súa superioridade e volveu marcar nos últimos latexos do choque. Kroos anotou o definitivo 1-4.


FICHA TÉCNICA


1-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Pablo Hdez., Wass, Jozabed (Marcelo Díaz, min.72), Iago Aspas, Sisto (Pape, min.80), Guidetti (Beauvue, min.86).


4-R.MADRID: Navas, Danilo, Varane, Ramos, Marcelo, Casemiro (Kovacic, min.71), Kroos, Modric, Isco (Asensio, min.83), Ronaldo (Lucas Vázquez, min.83), Benzema.


Goles: Ronaldo, min.10, 0-1; Ronaldo, min.48, 0-2; Guidetti, min.68, 1-2; Benzema, min.70, 1-3; Kroos, min.88, 1-4.


Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Expulsou a Iago Aspas con dúas amarelas (min.62). Amoestou a Jonny, Guidetti, Hugo Mallo, Pablo Hdez. (Celta); Casemiro, Ramos (R.Madrid).

relacionada En Madrid insinúan que o Celta xogará primado contra o Real Madrid
relacionada O Celta non maquilla en Mendizorroza o seu final de liga errático

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE