Rueda pide a Caballero "coherencia" á hora de valorar as sondaxes de xestión

Afirma que se "alegra" de que o rexedor vigués pase da actividade "insultante" á "exultante"


|

Caballerovigo 1


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou que viu "moi exultante" ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, polo resultado da enquisa publicada este fin de semana por 'La Voz de Galicia' sobre a xestión dos alcaldes das sete principais cidades galegas, pero pediu "coherencia en todo, tamén á hora de valorar enquisas".


"Alégrome de que pase da actividade insultante ás veces á actividade exultante", trasladou o tamén presidente do PP na provincia de Pontevedra, que, con todo, remarcou que a maneira de analizar as enquisas é "aceptalas cando veñen ben e cando veñen mal". "Non vale cando veñen mal desprezalas e cando veñen ben dicir que son marabillosas", incidiu.


Neste sentido, apuntou que viu a Caballero "moi exultante" cando este luns en declaracións aos medios falou sobre esta sondaxe, e espetoulle que non o viu "igual, por exemplo, cando Pedro Sánchez --se presentou ás anteriores primarias do PSOE--, que era a solución de todos os problemas e agora resulta que é a orixe de todos os males".


"O que din as enquisas é que cando non che vai ben tes que traballar, e cando che vai ben tes a seguir traballando así; e cando descualificas a quen non che gusta e dis que son moi bos os outros, perdes credibilidade, iso o PP non o vai a facer", insistiu, antes de engadir que, en todo caso, "falta aínda moito tempo, e por tanto moito traballo" para as municipais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE