Arquivada a causa contra Jorge Duarte ao non existir trato de favor

A maxistrada entende que o concelleiro compostelán non cometeu "un delito de prevaricación", senón que "procuraba uniformizar e axuntar criterios".


|

Jorgeduartejuzagossantiago


O Xulgado de Instrución Número 1 de Santiago de Compostela arquivou a causa contra o concelleiro compostelán Jorge Duarte sobre os expedientes de locais de lecer nocturno ao non apreciar trato de favor e considerar que non houbo "un delito de prevaricación" na súa actuación.


Así o sinala o auto, recollido por Europa Press, no que a maxistrada conclúe que "debe recoñecerse que a paralización dos expedientes por falta de firma do señor Duarte, xerou unha situación administrativa difícil para o persoal funcionario implicado, que puido superarse con axilidade se o concelleiro optase por dar instrucións claras e vinculantes sobre as cuestións técnicas coas que discrepaba con aqueles, harmonizando a tramitación dos expedientes".


Pero tamén considera a maxistrada Ana López-Suevos que "é certo que a súa negativa para asinar as propostas de resolución non foi froito da arbitrariedade do desentendimiento da problemática existente, dunha actuación de desviación de poder ou dun afán de outorgar mellor trato a uns locais fronte a outros".


"Se a decisión de encargar a realización dunhas instrucións escritas fose anterior no tempo non se causaría a demora e a caducidade de expedientes", afirma a maxistrada.


Neste sentido, alega que "o certo é que esas instrucións foron finalmente redactadas e aprobadas e evidencian que o denunciado si procuraba uniformizar e axuntar criterios e acabar coa inseguridade xurídica que, ao seu xuízo, apreciaba na tramitación dos expedientes sancionadores".


ACERTO OU DESACERTO


Por iso, a xuíza conclúe, así mesmo, que non lle corresponde "valorar o acerto ou desacerto político da actuación do señor Duarte". "Pero si nos compete concluír que o conxunto de todas as dilixencias analizadas lévanos a descartar que cometese un delito de prevaricación", engade.


Deste xeito, a maxistrada sentencia que "non concorreu na súa actuación o dolo directo propio de tal infracción penal" por prevaricación, polo que acorda o sobresemento provisional das actuacións.

relacionada Duarte, "tranquilo" tras "esclarecer" que "non houbo trato de favor" a locais de lecer

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE