A Seguridade Social poxa un antigo policlínico de Vigo que o Sergas devolveu

|

Sossanidadepublicaciesvigo


A Plataforma SOS Sanidade Pública criticou este luns que a Xunta "renunciase" ao antigo Policlínico Cíes, propiedade da Seguridade Social (e que sae a poxa por 3,5 millóns de euros), a pesar da "necesidade" de infraestruturas sanitarias na área de Vigo, e das "listas de espera máis grandes de Galicia".


Así o manifestou o portavoz da plataforma, Manuel González Moreira, quen lembrou que, cando se planificou a reordenación de espazos derivada da apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), previuse que o Cíes tivese usos administrativos-sanitarios (xerencia de Atención Primaria).


Unha vez que se constatou que o Anexo I do antigo Hospital Xeral será derrubado (no marco da obra de reforma para a construción dos novos xulgados), este colectivo reclama que se destine o policlínico para centro de alta resolución ou, en todo caso, manteña uso sociosanitario, co fin de reducir a lista de espera de probas diagnósticas.


Con todo, o Sergas devolveu o inmoble ao seu propietario, a Tesourería da Seguridade Social, que este luns o saca a poxa por 3,5 millóns de euros. "A Xunta non defendeu os intereses dos cidadáns ao devolvelo, e agora póxanse unhas instalacións que son necesarias, e destínanse a uso privado", incidiu González Moreira.


MÁIS PERSOAL


Pola súa banda, a concelleira de Marea de Vigo, Margarita López Barreiro, reclamou que, "xa que a Xunta desmantela a sanidade pública, polo menos que dote de persoal suficiente as instalacións que están a funcionar". Segundo apuntou, os actuais cadros de persoal non permiten dar unha atención de calidade e estase derivando a pacientes ao sector privado.


Mentres, o responsable local do BNG, Serafín Otero, lamentou que, preguntado o goberno galego sobre as infraestruturas sanitarias de Vigo, respondeu "que o HAC xa cobre todas as necesidades", cando "a realidade é que non hai nin boa atención, nin sequera bo transporte para chegar".


Finalmente, puntualizou que, ademais da Xunta, o Concello de Vigo "tamén ten responsabilidade" na situación sanitaria, xa que "facilitou" a apertura do novo hospital e non se opuxo á derriba do Anexo I do Xeral.

relacionada SOS Sanidade Pública, ante os colapsos: "Non é a gripe, son os recortes"
relacionada Luz verde á demolición do Hospital Xeral de Vigo para acoller a Cidade da Xustiza

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress