Os tres candidatos do PSOE vense as caras nun debate agardado

Susana Díaz, Pedro Sánchez e Patxi López enfrontarán as súas visións sobre o plano político, económico-social e sobre o modelo de partido que desexan para o PSOE.


|

Primariaspsoe


Os tres candidatos á Secretaría Xeral do PSOE, Susana Díaz, Pedro Sánchez e Patxi López, enfróntanse este luns ao que será o seu único debate nestas primarias.


O encontro estará moderado pola xornalista Carmen del Riego, comezará ás 12.15 cunha introdución dun minuto de cada un dos aspirantes e contará con tres bloques de 27 minutos: o político, o económico-social e, despois dunha pausa, entrarán a debater sobre o modelo de partido.


O encontro terminará cun 'minuto de ouro', no que os candidatos pedirán o voto. Desde todos os equipos das diferentes candidaturas asegúrase que queren un debate sosegado.


Amplía esta información en PressDigital.

relacionada Susana Díaz quere que Sánchez e López lle axuden "a facer grande o PSOE" tras as primarias
relacionada Madina, en Pontevedra: "Deixemos atrás o desastre histórico de dous anos e medio"
relacionada Caballero lamenta que Sánchez non o convidou ao seu acto en Vigo, ao que iría "encantado"
relacionada O senador Modesto Pose alerta sobre as posturas "moi enfrontadas" no PSOE

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE