Os alcaldes de En Marea recoñecen "asperezas" pendentes de limar

Jorge Suárez aposta por que Noriega, Ferreiro e el, como "figuras simbólicas" da confluencia, recuperen unha posición "unánime".


|

Alcaldesmareacafe


O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, considera que os seus homólogos na Coruña e Santiago, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, respectivamente, deben "tratar de limar todas as asperezas" tras a elección da dirección de En Marea.


"Creo que nalgún momento, como figuras simbólicas deste proceso, debemos ter outra vez unha actuación destacada para tratar de limar todas as asperezas", opinou o rexedor nunha entrevista en Radio Galega. E é que Jorge Suárez defendeu que os alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol mantiveron "sempre" unha posición "unánime".


Así mesmo, sostén que os membros de En Marea falan "demasiado" deles mesmos, afastándose, precisou, "dos problemas reais que hai na rúa". Sobre o portavoz de En Marea, Luís Villares, insistiu en que "a duplicidade de cargos non é boa" --é portavoz parlamentario e portavoz orgánico--.


Sobre as críticas do histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras á deputada de En Marea Yolanda Díaz, considera que estas non foron "xustas". "Non podo considerar xusto nunca que un compañeiro chame traidor publicamente a outro, igual que non o consideraría se Yolanda Díaz dixese o mesmo de Xosé Manuel Beiras", argumentou, porque "non conduce a nada enriquecedor".


CRITICA A SESTAYO


En clave local, pediu unha reflexión ao PSOE e ao BNG se queren que "siga gobernando a esquerda". Nesta liña, asegurou non sentirse traizoado pola socialista Beatriz Sestayo tras a ruptura do pacto de goberno porque, asegurou, "é algo que esperaba".


"A súa traxectoria política está baseada neste tipo de actuacións", subliñou respecto da ferrolá, para logo engadir que recorrerá ao Consello Consultivo para ver se o acordo de PSOE e PP que lle retira competencias económicas ao goberno local se axusta a dereito. Con todo, mostrouse en contra de xudicializar a vida municipal.


En todo caso, trata de tender pontes cos socialistas: "O PSOE é moito máis que a figura dunha persoa", destacou, para logo reivindicar que ten boa relación cos líderes provinciais da formación.


A piques de cumprir dous anos á fronte da alcaldía, Jorge Suárez móstrase disposto a repetir como candidato de Ferrol en Común nas próximas eleccións municipais: "Se a organización o decide e a asemblea o decide, estarei disposto a repetir".


PRIMARIAS DO PSOE


Suárez mollouse nas primarias socialistas a favor do ex secretario xeral Pedro Sánchez: "A nivel estratéxico, aos movementos da esquerda ruturista conviríalles máis que gañase Susana Díaz porque iso faría crecer eses movementos", argumentou, para logo sinalar, con todo, que "se fose militante socialista apostaría pola figura de Pedro Sánchez".

relacionada O alcalde de Ferrol insta a En Marea a "definir" cara a "onde quere camiñar"
relacionada Ferreiro ve normal "reaccións de desgusto" pola elección da coordinadora de En Marea
relacionada Máis do 80% de Anova referenda a candidatura de Antón Sánchez

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE