A choiva non conseguiu embazar o torneo 'Cidade do Futsal'

O tempo obrigou a trasladar da Quintana ao pavillón de Santa Isabel unha cita que xa é tradición na capital galega.


|


CidadedofutsalO torneo tivo que xogarse en interiores. //Foto: Santiago Futsal


As condicións meteorolóxicas desta fin de semana non impediron a cuarta edición do Torneo 'A Cidade do Futsal', no que este ano participaron centos de nenos repartidos nuns 80 equipos.



A choiva, iso si, obrigou a trasladar a xornada de fútbol sala base da Quintana a un recinto máis afeito á práctica deportiva. Así, desde o sábado, o pavillón compostelán de Santa Isabel (a 10 minutos andando da histórica praza) acolleu os encontros das distintas categorías.


O torneo organízao o Santiago Futsal, co apoio de Viaqua, empresa patrocinadora do evento, e do Departamento de Deportes do Concello de Santiago de Compostela.



Para albergar o evento, a instalación dividiu a súa pista en tres partes, para que se puidesen xogar tres encontros á vez, como estaba previsto na Quintana.

relacionada Unha fin de semana de fútbol sala infantil na Quintana

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE