Polémica xira por Galicia dun circo que fai espectáculos con animais

|

Circoanimales 1


A asociación animalista Libera e a Fundación Franz Weber (FFW) reclamaron a "inmediata suspesión de calquera permiso ou autorización autonómica" ao circo que percorre Galicia nos últimos meses e que protagonizou enfrontamentos con algúns concellos, como a ruptura de precintos policiais para poder abrir as súas instalacións.


Libera, a través dun comunicado, condenou os actos protagonizados polos empregados deste circo, que emprega animais nos seus espectáculos, no Concello de Boiro (A Coruña). Desde hai un ano, o uso de animais en espectáculos circenses está prohido.


Alí, o goberno local suspendeu a licenza a este circo para realizar funcións no municipio da comarca do Barbanza ao entender que as súas instalacións non cumprían cos requisitos de seguridade, o que provocou un incidente cos empregados da compañía, que romperon os precintos colocados pola Policía Local.


Así, unha sondaxe telefónica realizada por Libera e FFW revela que "o 92% das enquisadas e enquisados" avala prohibir o uso de animais en espectáculos de circo, unha medida xa anunciada polo Goberno galego, que hai un mes avanzou a inclusión deste veto na nova lei de protección animal que será aprobada no Parlamento galego nos próximos meses.


Deste xeito, subliñan que "só un 3,3% dos cidadáns enquisados avalaría permitir a explotación de fauna en circos" e que "o grao de descoñecemento ou de non resposta é relativamente baixo, sumando un 4,7% da mostra".


Así as cousas, apelan á "necesidade de avanzar cara a un veto completo" do uso de animais, xa que entenden que "determinadas especies, desde équidos, pasando por cans e mesmo gatos, son sometidos a un trato antinatural e degradante", aínda que recoñecen que "a inmensa maioría dos circos" que chegan a Galicia empregan "especies "máis exóticas".

relacionada Os animalistas auguran pouco éxito ao recurso dos circos contra o veto galego
relacionada Circos Reunidos denunciará á Xunta ante Europa se prohibe traballar con animais salvaxes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress