En Marea e BNG esixen que Feijóo "plante cara" a Madrid tras a negativa ao traspaso da AP-9

De la Serna está "aberto" a crear un grupo de traballo para compartir co Goberno galego as decisións relativas á autoestrada.


|

Pastorap9


En Marea esixiu á Xunta unha resposta "clara e contundente" ante a postura "contraria" ao traslado da titularidade da Autoestrada da Atlántico AP-9 a Galicia manifestada polo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna.


Nun comunicado remitido aos medios, o partido instrumental censura que "días despois de que o Parlamento de Galicia aprobase por unanimidade, unha vez máis, reiterar esta petición, o ministro manifesta "a súa posición en contra desta posibilidade".


Tanto o portavoz do Grupo, Luís Villares, como o viceportavoz, Antón Sánchez, consideraron que a actitude do titular de Fomento supón "unha nova estafa ao pobo galego". "O PP volve tomarlle o pelo á cidadanía galega", sinalaron.


Por iso, aseguraron que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "debería dar explicacións de por que sabendo e coñecendo a postura do PP fai pasar pola Cámara unha proposición de lei unicamente para continuar facendo teatro".


"Desde En Marea temos claro que esta é unha infraestrutura estratéxica para o noso país. Xa basta do espolio", incidiu Villares.


"TOMADURA DE PELO"


Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "tomadura de pelo" a negativa expresada este venres polo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, a traspasar a titularidade da AP-9 a mans da Xunta de Galicia.



A líder do Bloque, a través dun comunicado emitido este venres, indicou que a negativa do Goberno central evidencia que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, "non pinta nada no seu partido" e que é "unha marioneta de Mariano Rajoy e do Partido Popular".



Así, chamou a todas as forzas políticas galegas a esixir ao titular da Xunta que "se presente en Madrid e plante cara ao goberno do Estado" para, deste xeito, "defender os intereses de Galicia".



O Goberno reiterou este vienres que a AP-9 , que comunica as cidade galegas de Ferrol e Tui, é unha autoestrada "de interese xeral do Estado" polo que afirmou que o Estado manterá a titularidade da vía, a pesar da petición do Parlamento galego para que traspasase a titularidade ás institucións autonómicas.



Así o expresou o ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, quen, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, descartou ese traspaso e apuntou a que o Executivo está "aberto" a crear un grupo de traballo para compartir co Goberno galego as decisións relativas á autoestrada.

relacionada O Goberno reitera o seu 'non' rotundo ao traspaso da AP-9 a Galicia
relacionada Unanimidade no Parlamento galego para levar ao Congreso o traspaso da AP-9

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE