O xuíz envía a prisión provisional ao detido polo asasinato do seu fillo en Oza-Cesuras

O home acolleuse ao seu dereito a non declarar ao ser posto a disposición xudicial.


|

Juzgadopoliciafurgon


O titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido na Coruña pola morte do seu fillo de 11 anos de idade, cuxo cadáver foi localizado en Oza-Cesuras.


O home acolleuse ao seu dereito a non declarar ao ser posto a disposición xudicial. Así o informaron fontes xudiciais, que explicaron, ademais, que o detido foi visto este xoves pola mañá por forenses.


O home pasou a disposición xudicial esta mañá despois de que o Xulgado de Instrución número 7 da Coruña, que estaba de garda o domingo cando a ex muller do detido e nai do menor presentou a denuncia pola desaparición do seu fillo, inhibiuse en favor deste outro xulgado.


Tras aceptar o xuíz de Violencia sobre a Muller a inhibición, o detido pasou a disposición xudicial despois de permanecer, desde a súa detención na tarde do luns, en dependencias policiais en Lonzas.


DENUNCIAS


Aínda que contra o pai do menor non existían denuncias no últimos catro anos, si houbo con anterioridade dúas. Unha en 2008 por un delito de coaccións que formulou a súa ex muller contra el e que supuxo unha orde de afastamento durante catro anos. A segunda foi en 2013 por un delito de ameazas a través das redes sociais.


Neste caso, foi sobreseída ao non ser posible acreditar quen foi o autor dos feitos denunciados. O detido, que presenta problemas psiquiátricos, non tiña nestes momentos ningunha orde de afastamento.


A morte do menor, cuxo corpo foi localizado nun monte no municipio de Oza-Cesuras, supostamente produciuse como consecuencia dun golpe, despois de pasar o día co seu pai en cumprimento do réxime de visitas estipulado tras a separación.


FEITOS


A morte do menor, cuxo corpo foi localizado o martes nun monte no municipio de Oza-Cesuras, produciuse supostamente o domingo como consecuencia dun golpe, despois de pasar o día co seu pai en cumprimento do réxime de visitas estipulado tras a separación.

relacionada Cinco nenos foron asasinados por violencia machista en 2017, tras confirmarse o caso de Oza
relacionada Detido como "presunto autor" o pai do neno achado morto en Oza-Cesures

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE