A Xunta deixa outro verán as illas Cíes e Ons sen médico permanente

|

Islascies


A Consellería de Sanidade rexeitou outro ano máis a proposta da Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig) de dotar as illas Cíes e Ons dun "servizo médico permanente" durante a tempada estival.


Nunha resposta remitida a Europa Press, o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña obxectou que o arquipélago de Cíes "non conta cunha poboación fixa de referencia que aconselle unha asistencia sanitaria continuada".


Con todo, como subliñou, os dispositivos de emerxencias do 061 "garanten a cobertura" para as necesidades que puidesen xurdir durante o verán, cando aumentan os visitantes ocasionais.


En canto á illa de Ons, Sanidade respondeu que "está a cinco minutos en barco" de Bueu, cuxo centro de saúde "está a tres minutos do porto". "Nuns oito minutos, o paciente tería dispoñibilidade de médico, as 24 horas do día, todos os días da semana", resolveu.

relacionada Asmig reclama un servizo médico permanente para Cíes e Ons durante os meses de verán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress