UGT denuncia que unha paciente do CHUS foi ameazada para obrigala a deixar a súa habitación

O sindicato atribúe a situación ao 'overbooking' que vive a sanidade galega, nun paralelismo co caso dun pasaxeiro que foi forzado a abandonar un avión de United Airlines


|

Enfermeriaurgenciashospital


O sindicato UGT denunciou este mércores a situación de "overbooking" que vive a sanidade galega e que levou mesmo a "botar" do Hospital Clínico de Santiago a unha muller que esperaba ser sometida a unha operación "coa ameaza de 'se non se marcha, váiselle a cobrar a habitación'".


Segundo o sindicato, esta situación viviuse hai uns días no Clínico compostelán, onde unha muller ingresou para realizar unha operación o mesmo día. Con todo, a operación non se realizou e os responsables dixeron á paciente que debía de abandonar o hospital.


A muller insistiu en que non quería irse ata ser operada, ben ese día ou ao día seguinte. "Ante a negativa, acode á habitación ao día seguinte unha persoa que non se identificou e que lle dixo que se non abandonaba a habitación tería que pagala", explicou en sindicato.


UGT asegurou que "entende" que haxa "situacións de emerxencia" que provoquen "o atraso dunha operación", pero que "o que non ten explicación é que non se poida recolocar esa operación pola tarde ou ao día seguinte", o que evidencia "un erro na programación prevista".


A maiores, UXT "non entende" que unha usuaria da sanidade pública "sexa ameazada para obrigala a abandonar o centro hospitalario" por un "problema de overbooking, como unha compañía aérea", en referencia ao caso de United Airlines, a aerolínea que vendeu máis asentos dos dispoñibles e forzou a un viaxeiro para abandonar a aeronave arrastrándoo polo chan e causándolle diversas contusións. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE