O Celta chega a Manchester a pelexar o seu billete para a final

|

HugomalloavionHugo Mallo, subindo ao avión. //Fonte: RC Celta


O Celta viaxou este mércores a Manchester para disputar a volta das semifinais da Europa League. Os celestes chegan a Old Trafford co 0-1 da ida como barreira para pelexar pola final ante un Manchester United que, como recoñece Adreu Fontàs, "sabe ler perfectamente os partidos e as eliminatorias".


O catalán recoñece que o resultado parcial "non é o ideal, pero que permítenos saír con toda a ambición do mundo, nun campo marabilloso, para conseguir unha xesta que sería histórica". Así, lembra que o partido será "parecido aos que xogamos fóra de casa na Europa League" e que sairán a "atacar e facer goles, con mentalidade gañadora e ofesiva".


Neste sentido, Iago Aspas, advirte que "ninguén daba un peso por nós, co que nos custou pasar a fase de grupos, e chegamos a semifinais, tamén a semis de Copa do Rey, salvámonos con meses de antelación... este equipo ten moito crédito e quédanos unha bala que temos que gastar".


O dianteiro de Moaña lembra que "caracterizámonos por meter goles e facer bos partidos fóra de casa" e aspira a facer bo fútbol, "coma a segunda parte en Balaídos". "O máis importante é meter un gol canto antes, apertar e ser fieis a nós mesmos", insiste.

relacionada O Celta non consegue reactivarse e cae tamén ante o Málaga
relacionada O Manchester saca vantaxe ao Celta na eliminatoria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress