Chegan ao DOG os criterios para as vivendas de uso turístico

|

Turismovivienda


A Xunta difunde este mércores unha instrución da nova regulación de vivendas de uso turístico a través do Diario Oficial de Galicia (DOG), na web de Turismo de Galicia e no portal de transparencia do Goberno galego.


A finais de abril, a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) requiriu á Xunta modificar este decreto de vivendas turísticas ou interpoñerán un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pois asegura que inclúe artigos que "restrinxen a competencia efectiva" no sector dos servizos de aloxamento.


Na instrución publicada mércores a Xunta incide en que a cesión das vivendas de uso turístico "terán que ser na súa totalidade", polo que o aluguer por estancia queda fóra do concepto de vivendas de uso turístico.


Ademais, entre outras cuestións, o período de aloxamento continuado non poderá exceder os tres meses, polo que os períodos superiores non entrarán nas tipoloxías deste decreto.

relacionada Competencia require á Xunta eliminar as restricións ás vivendas turísticas
relacionada Os propietarios de vivendas turísticas piden a suspensión do decreto ata que se revise
relacionada Feijóo espera que Competencia analice con "celeridade" os prezos dos carburantes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress