O Rally de Ourense vai ocupar durante dous días un xardín con importancia ambiental

|

Jardinposioourense


Os cambios na próxima edición do Rally de Ourense, que cumpre 50 anos, non gustan aos veciños da cidade preocupados polas novas localizacións elixidas. Así, a asociación ecoloxista ADEGA trasladou ao Concello as queixas de varios cidadáns pola ocupación do Xardín do Posío.


E é que o 'pulmón' ourensán, especialmente importante polas súas aves, acollerá dentro de algo menos de mes e medio o podio e o parque pechado da proba automobilística. Os veciños preocupados pola problemática ambiental derivada diso, advirten de que o "ruído, a contaminación e a masificación de xente alterarán a vida diaria das aves e especies do xardín".


"Será un atentado ambiental de dous días", protestan, pola elección de "xusto o noso emblema ambiental como o Posío". Como solución, propoñen "trasladar o evento fóra do parque", por exemplo, ao mesmo lugar onde se celebrou o evento outros anos.


Cuestionan, ademais, que medidas vai tomar o Concello para protexer o parque e os animais no caso de que non se cambie a localización. O paseo central destes xardíns é un tradicional punto de encontro na cidade, onde é habitual que se programen moitos dos grandes concertos das Festas. 

relacionada Investigan un desguace do Salnés que vendía coches dados de baixa para rallys

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress