A Deputación de Lugo celebra o medio século de vida do 'Breo'

Abre unha exposición que rememora os 50 anos de "vitorias, éxitos, alegrías e triunfos, pero tamén de caídas e amargas derrotas" do CB Breogán.


|

Cbbreogandepulugo


O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, inaugurou a exposición '50 anos de Breo. Enredando museos, cultura e deporte para a mocidade' coa que o goberno provincial repasa a historia do CB Breogán con motivo do seu 50 aniversario.


Con esta exposición, que estará aberta na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos ata o 30 de xuño, o presidente provincial destacou que se mostran "medio século de vitorias, éxitos, alegrías e triunfos, pero tamén de caídas e amargas derrotas".


"Se por algo se caracteriza a marea celeste é polo seu espírito loitador, por non baixar nunca os brazos, por acompañar o equipo nos momentos bos, pero tamén nos malos... en definitiva, por ser un exemplo de lealdade e a unhas cores", manifestou Darío Campos.


O presidente provincial destacou tamén que os visitantes poderán "contemplar reliquias únicas, como trofeos, camisetas de xogadores emblemáticos como Charlie Bell, recortes de prensa ou fotografías que, por primeira vez, poderanse ver expostas nun espazo museístico".


Os interesados poderán visitar a mostra de luns a venres, de 11,00 a 14,00 horas e de 17,30 a 20,30 horas. Pola súa banda, os sábados, de 10,30 a 14,00 horas e de 16,30 a 20,00 horas; e os domingos e festivos de 11,00 a 14,00 horas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE