O PP propón declarar as últimas xeadas "fenómenos climáticos adversos"

Puy indica que esta consideración "abriría o paso previo" a que as axudas aos viticultores afectados sexan financiadas polos fondos da UE. 


|

Videsxeada


O PP levará ao pleno desta semana unha proposición non de lei que inclúe unha serie de medidas para paliar os efectos provocados nos cultivos vitivinícolas polas xeadas das últimas semanas.


Entre elas, inclúese a petición para que as xeadas sexan declaradas "fenómenos climáticos adversos", o que "abriría paso" a que as axudas aos produtores sexan asumidas pola UE.


Así o avanzou este luns o portavoz popular, Pedro Puy, que tamén indicou que a proposta do seu grupo inclúe outras medidas como impulsar unha rede de "asesoramento" aos produtores para "a reposición e recuperación" dos viñedos danados co obxectivo de que "o problema" non se estenda á produción do próximo ano.


Ademais, solicitarán ao Ministerio de Facenda que a destrución dos cultivos provocada polas xeadas sexan tidas en conta nas "cifras de rendemento" e, deste xeito, poida ser "minorada" a carga fiscal dos produtores no IRPF.


Así mesmo, os populares propoñen que os viticultores reciban "moratorias sen intereses" nos pagos á Seguridade Social debido aos danos causados, así como axilizar o acceso a créditos con "interese cero" por parte de "entidades financeiras públicas ou privadas" para cubrir "o 50% da produción" ou, por outra banda, facilitar a contratación de seguros para as plantacións.


Por último, a proposta que o PP levará a pleno tamén inclúe a creación dun apartado nas liñas de axuda aos produtores nas que se premie "a implantación de sistemas antixeadas" nos cultivos e que se priorice a concesión de licenzas naquelas zonas "con mellores condicións" contra este fenómeno meteorolóxico.

relacionada UUAA anuncia unha gran mobilización do sector vitivinícola en Ribadavia
relacionada As xeadas danaron o 90% dos viñedos da denominación de orixe de Monterrei

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE