O Presidente de Vueling "chifló"

Manuel Fernando González

PresidentedeVueling


Perdóenme algún dos meus amigos asturianos por roubarlles o termo "chifló" que, medio de broma medio en serio, quere dicir que a un se lle foi a cabaza cal Alonso Quijano, aínda que algúns identifican chiflar. Iso si, con máis retranca que os meus paisanos galegos. A peripecia vén a conto das tres entrevistas coas que o Presidente de Vueling, Don Javier Sánchez Prieto, ao "unísono", se estreou neste comezo de semana en dous diarios de papel e outro dixital, -vaia pastón gastou en tamaña campaña de imaxe!- tentando facernos esquecer as barbaridades que a súa compañía cometeu o pasado verán contra os seus sufridos clientes.


Como queira que son usuario regular dalgunha das liñas de Vueling, concretamente a que fai o traxecto Barcelona-A Coruña-Barcelona, non podo compartir a enorme satisfacción que causa vergoña allea das declaracións do Presidente de Vueling, quen, lonxe de pedir perdón por este e outros sucesos e esconderse detrás da súa mesa de traballo durante un par de anos polo mediático estropicio causado, sóltanos a frase "Vueling non creou problemas, senón que os padeceu". O cal transporta directamente o personaxe á época de Miguel de Cervantes e deixa en dúbida a lucidez do mesmo.


Posiblemente ao señor Sánchez Prieto lle esqueceron as queixas dos seus propios traballadores no "momento dos feitos" ao sufrir en propia carne as iras dos viaxeiros. Defendíanse a través do seu sindicato afirmando que en Vueling non había persoal suficiente para atender tanta venda de billetes e, moito menos, do overbooking que se produciu, do que, por certo, Prieto bota a culpa aos medios de comunicación, que o esaxeramos todo. Eu non estou na pel dos meus colegas os entrevistadores pero, no seu lugar, nese mesmo instante e ante tamaña barbaridade, deixaríalle as orellas quentes a Don Javier que, por nadar na abundancia como consecuencia da crise, cre que a súa é unha xestión "impecable".


Vueling 7


Persoalmente, padecín tanto as barbaridades de Vueling no meu traxecto a Galicia que moitas veces lamentei que IBERIA, a antiga compañía española, caese en mans de British e de paso a entón Vueling catalano/española por unha OPA aínda empresarialmente incomprensible. Supoño que cando Vueling me leve de madrugada nun vello autobús a Avilés porque un dos seus pilotos se nega a aterrar en Alvedro ou me teñan ás 11 da noite esperando a equipaxe no Prat tres cuartos de hora, volverei acordarme da familia do Señor Sánchez Prieto, como se adoita humanamente facer nestes casos.


De momento, confórmome con contribuír á "moi custosa" campaña do Presidente de Vueling facendo o papel de "avogado do diaño" dos damnificados, para que quen se mergulle na internet teña ante si un texto alternativo aos moitos encomios que, repito, hoxe recibe, creo que inxustamente, Javier Sánchez Prieto. Polo menos, aos que sufrimos Vueling, que nos quede o consolo da queixa xa que non temos outra liña alternativa.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress