As Anpas anuncian "un abandono masivo das aulas" na reválida de 3º

|

Primariaalumnos


A Confederación de Anpas Galegas criticou a reválida sobre as competencias lingüísticas e matemáticas dos alumnos de 3º de Primaria e avanzou "un abandono masivo das aulas" durante a súa celebración. "Estamos fartas de que se avalíe os nosos fillos, xa se fai durante o curso académico por parte dos seus titores", sentenciou.


E é que, como sinalou a través dun comunicado, "non hai ningunha valoración útil que se realice nun par de días" e sen ter en conta "as realidades vividas durante un curso académico". Ao seu xuízo, o que habería que estudar é "cal é a situación" diaria da comunidade educativa, así como os medios e recursos con que conta.


Ademais, incidiu en que as reválidas de anos anteriores non derivaron en, por exemplo, plans de corrección nas programacións ou información personalizada para as familias. "Se o diagnóstico é incompleto e encima non se utiliza, para que continuamos dilapidando diñeiro público?", demandaron saber os pais.


Dito isto, recalcaron que "o parámetro que hai que avaliar" é "o funcionamento da administración educativa, que leva anos recortando medios e profesionais". E, como punto e final, a confederación de anpas urxiu a derrogación da Lomce. "Non hai outra opción", concluíu.

relacionada As reválidas de primaria e ESO teñen data, empezarán o 23 e 31 de maio
relacionada As Anpas galegas apoian a folga educativa do 9 de marzo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress