O Celta non consegue reactivarse e cae tamén ante o Málaga

|

MalagaceltaO Celta pensa xa en Old Trafford. // Fonte: RC Celta


O Celta non puido sumar en Málaga tras un partido no que os celestes dominaron a posesión, pero non foron capaces de xerar ocasións ante un rival que se adiantou na primeira metade e pechou o partido desde o punto de penalti.


Aos once minutos, con dominio do Málaga, chegou unha gran parada de Sergio a remate, próximo, de Sandro que meteu o Celta no partido. Os vigueses espertaron tras esa xogada e comezaron a combinar con acerto e a xerar aproximacións.


O cadro local acertou aos 25 minutos cun gran lanzamento de Ontiveros desde a frontal. Os celestes apoderáronse do coiro tras o tanto e encerraron o Málaga no seu campo, pero sen a profundidade necesaria para facer dano.


Tras o descanso, a madeira evitou o empate celeste tras un lanzamento de falta de Marcelo Díaz. Pouco despois, o árbitro sinalou penalti sobe Sandro. Recio anotou para aumentar a vantaxe.


O Celta acentuou o seu dominio, pero sen lograr superar a barreira defensiva do conxunto andaluz, ordenado e veloz á contra. Sandro marcou no desconto para pechar a goleada.


3-Málaga CF: Kameni, M. Torres, Llorente, Luís H., Ricca, Camacho, Recio, P. Fornals (Castro, min.89), Ontiveros (Keko, min.84), Jony (Juancar, min.74) e Sandro


0-RC Celta: Sergio, Lemos, Cabral (Roncaglia, min.58), Sergi Gómez, Planas, Marcelo Díaz, Pape Cheikh, Bongonda, Señé (Hjulsager,min.69), Jozabed (Guidetti, min.82), e Beauvue.


Goles: 1-0, min.25: Ontiveros; 2-0, min.55:Recio, de penalti; 3-0, min.92: Sandro

relacionada O Manchester saca vantaxe ao Celta na eliminatoria
relacionada O Athletic alonga a mala serie do Celta cunha goleada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress