Ferreiro fará público esta semana o plan para as terrazas do centro

|

Ferreirovecinos


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, considera que o plan do Goberno local para ordenar as terrazas da zona centro da cidade "compatibilizará a actividade hostaleira coa seguridade dos veciños e resolverá un vello problema".


"O Goberno é consciente de que na zona centro, en rúas como a da Estrela, existen problemas de accesibilidade debido ás terrazas, onde, por exemplo, os servizos de emerxencias non sempre poden traballar ben", recoñeceu o rexedor herculino no encontro coa cidadanía 'Dillo ti', tal e como indicou o Concello nun comunicado.


A continuación, relatou que, tras falar con hostaleiros e outros sectores involucrados, esta semana o Goberno local vai facer público o plan especial de terrazas para esta zona, que fará compatible, asegurou, a actividade hostaleira e o lecer coa seguridade.


E é que se asegura un paso de 2,5 metros de espazo en case todas as rúas peonís da zona, algo acordado cos corpos de seguridade e co persoal sanitario.

relacionada Un incendio nun piso obriga a desaloxar a medio cento de veciños na Coruña
relacionada O Concello da Coruña presume de "saúde financeira"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress