Vanesa Santiago gaña o Premio Illa Nova de Narrativa con 'A vida sinxela de Marcelo Firmamento'

Méndez Ferrín entregou á gañadora os 3.000 euros cos que está dotado o premio e a escultura da artista galega Alejandra Sampedro.


|


Vanesasantiagogalaxia// @VanesaSantiagoV


A Fundación Barrié de Vigo acolleu este sábado a entrega do Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos, organizado pola Editorial Galaxia, e que recoñeceu nesta primeira edición a Vanesa Santiago e a súa obra 'A vida sinxela de Marcelo Firmamento'.


Segundo informou a organización do premio, a obra é unha "reinterpretación das novelas de viaxes" cunha "comuñón moi marcada co universo do mar e as súas lendas".


O xurado valorou a construción tanto da mecánica interna como global da novela, a elaboración de imaxes de "gran potencial evocador" e a creación dun universo con elementos máxicos que está "perfectamente integrado e consegue fuxir dos estereotipos". A novela resalta "polo coidado da procura da palabra exacta, con imaxes moi potentes", indican.


Xosé Luís Méndez Ferrín, como representante da xeración Illa Nova, entregou á gañadora os 3.000 euros cos que está dotado o premio e a escultura da artista galega Alejandra Sampedro.


A Editorial Galaxia creou este certame para autores menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación entre os máis novos, coincidindo co 60 aniversario da colección Illa Nova, na que publicaron nomes como Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares.

relacionada Galaxia presenta a primeira biografía de Carlos Casares, "un contador de historias"
relacionada Chega ás librarías unha novidosa biografía de Rosalía de Castro con material inédito

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE