Os propietarios de vivendas turísticas piden a suspensión do decreto ata que se revise

Avirtuga incide en que "as consecuencias económicas de impedir e reducir a oferta vacacional son incuantificables, tanto para os propietarios como para todo o sector económico galego".


|

Viviendaturistica


A asociación de propietarios de vivendas de uso turístico de Galicia (Aviturga) remitiu esta semana unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que solicita a suspensión do decreto que regula as vivendas de uso turísticoque tería que entrar en vigor a partir do día 10 de maio.


Nun comunicado, pide a suspensión ata que se proceda á revisión do decreto atendendo ao requirimento previo que lle realizou a Comisión Nacional de Mercado e Competencia para "favorecer o interese xeral" e "non supoñer un obstáculo ao desenvolvemento da competencia efectiva".


"Advertímoslle que estamos ante un problema económico importante, sobre todo cando tentamos xustificar os nosos datos de crecemento económico na favorable evolución do turismo", explicou Aviturga, quen se fixo eco das declaracións emitidas pola CNMC: "A aprobación desta norma é restritiva para os propietarios que xa dedicaban as súas vivendas ao aloxamento vacacional desde hai moitos anos, por tanto, tamén o é para o desenvolvemento do sector turístico galego e para os posibles novos propietarios que queiran dedicar as súas vivendas ao aloxamento vacacional".


A continuación, Aviturga fixo fincapé en que "as consecuencias económicas de impedir e reducir a oferta vacacional son incuantificables, tanto para os propietarios como para todo o sector económico galego".


"Nos escasos foros nos que puidemos manifestar a nosa opinión, en presenza da súa Administración, fomos tratados, no mellor dos casos, como economía 'sumerxida', pasando por defraudadores fiscais e seguindo o ronsel dalgúns ilustres empresarios turísticos como fomentadores da competencia desleal", trasladoulle Aviturga a Feijóo.

relacionada Competencia require á Xunta eliminar as restricións ás vivendas turísticas
relacionada Desde maio non se poderán alugar vivendas turísticas por habitación

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE