Antón Sánchez defende o 'Proceso 1 de Maio' como instrumento político para os mozos

|


Anton sanchez

O líder de Anova, Antón Sánchez, considerou "positivo" que os mozos se incorporen á política "desde a esquerda" en Galicia tras o nacemento do 'Proceso 1 de Maio' que busca crear un movemento xuvenil autónomo no seo de En Marea, independente das distintas organizacións xuvenís dos partidos que a integran.


Así se pronunciou este venres ao ser preguntado por este proceso integrado por persoas críticas coa actual coordinadora do partido instrumental e que, ademais, busca acumular forzas" de fronte ao próximo plenario de xullo no que queren "visibilizar" que "o problema interno de En Marea é a confrontación de dous proxectos políticos distintos".


Respecto diso, aínda que asegurou "non coñecer os obxectivos concretos" deste movemento, sinalou que "a aparición dunha organización sempre é positiva". "Os obxectivos desa organización débeos defender a propia organización", incidiu para lembrar que a xente de Anova que participa no 'Proceso 1 Maio' "faio de forma individual".


"Por tanto, ningunha valoración máis que dicir que me parece importantísimo que a xente nova participe en política xa que son os máis damnificados polas políticas neoliberais", resolveu.

relacionada Anova arrinca este sábado a súa nova etapa con Antón Sánchez ao mando
relacionada En Marea celebrará o seu segundo plenario na primeira quincena de xullo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress