Galicia recibirá 145 millóns do Estado para políticas activas de emprego

É a cuarta comunidade que máis diñeiro recibe para este fin, despois de Cataluña, Madrid e Comunidade Valenciana. 


|

Fatimabaez


Galicia recibirá 145 millóns de euros do Estado para realizar políticas activas de emprego, dentro do acordo de distribución dos créditos procedentes dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE), correspondente aos criterios obxectivos fixados na Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais, aprobado este venres en Consello de Ministros.


Polo mesmo estableceuse a repartición de 1.893,3 millóns a comunidades autónomas para facer políticas activas de emprego, un 5,14 por cento máis que o destinado en 2016. Andalucía, cun total de 358 millóns de euros, será a comunidade autónoma que máis fondos recibirá para realizar políticas activas de emprego, a pesar de que a prestación se reduciu un 3,05% en comparación con 2016, e A Rioxa, cunha dotación de 10,8 millóns, a que menos.


Por detrás da rexión andaluza, que foi a única na que se reduciu a distribución en comparación co ano pasado, as comunidades que máis dotación recibirán serán Cataluña (299 millóns de euros), Madrid (241 millóns), Comunidade Valenciana (191 millóns), Galicia (145 millóns), Canarias (124 millóns), Castela e León (112 millóns) e Castela-A Mancha (84 millóns).


No lado contrario, por detrás da Rioxa, entre as comunidades que menos diñeiro recibirán están Navarra (21 millóns de euros), Cantabria (26 millóns), Illas Baleares (39 millóns), Aragón (53 millóns), Murcia (54,9 millóns), Asturias (54,8 millóns) e Estremadura (76 millóns).


As illas son as que máis viron incrementar a súa dotación en comparación co ano anterior. En concreto, Canarias recibirá un 12,02% máis que en 2016 e Illas Baleares, un 9,47% máis. Doutra banda, Castela-A Mancha, cunha subida do 2,16%, é a rexión española na que menos se incrementou a dotación. O resto de comunidades rexistraron aumentos que oscilan entre o 5% e o 8%.


O Goberno aprobou en Consello de Ministros o acordo de distribución dos créditos procedentes dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE), correspondente aos criterios obxectivos fixados na Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais, polo que estableceu a repartición de 1.893,3 millóns a comunidades autónomas para facer políticas activas de emprego, un 5,14% máis que o destinado en 2016.


Así o sinalou a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, onde tamén apuntou que se se aprobasen os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para 2017, o importe sería un 12,7% superior ao do ano pasado.


Dentro destes fondos, inclúense un total de 129 millóns para realizar un programa de acción conxunta para parados de longa duración, que os oriente a volver "canto antes" ao mercado de traballo, segundo afirmou a titular de Emprego e Seguridade Social.


Ademais, os 260 millóns de euros restantes para distribuír neste programa entre 2017 e 2018 redistribuiranse en función do cumprimento dos obxectivos.


"O compromiso polo emprego é o principal compromiso de todos, xa que é capital. Quédanos tarefa por facer pero é necesario facelo pacto a pacto cada día", lembrou a ministra.

relacionada O paro baixa en 5.427 persoas en abril en Galicia
relacionada A Xunta "deixou sen executar" 100 millóns para a promoción do emprego en 2016

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE