Galicia recuperou os valores do PIB que había antes da crise

A cifra alcánzase un trimestre antes do previsto. Facenda valora a importancia dos fondos europeos no desenvolvemento galego.


|

Moedas


O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, avanzou este venres que Galicia recuperou no mes de marzo os valores nominais "precrise" do PIB, de modo que o dato chega cun trimestre de antelación.


Durante a súa intervención na inauguración dunha xornada no Parlamento sobre 'A incidencia da adhesión á UE', Martínez puxo en valor que o Goberno galego logrou "recuperar" en tres anos "o PIB perdido nos seis anteriores".


Así mesmo, sinalou que se a comunidade mantén esta evolución, que será confirmada polo Instituto Galego de Estatística (IGE), o actual exercicio pechará con "un record absoluto" no PIB nominal. "Mesmo chegaremos a superar os 60.000 millóns de euros por primeira vez na historia de Galicia", salientou.


Tras recalcar a importancia que tiveron os fondos comunitarios no desenvolvemento da nosa terra, o alto cargo da Xunta tamén puxo o foco na "recuperación do emprego", baseándose na melloría que rexistra o último dato do paro.


Neste punto, lembrou o "reto ambicioso" que o Executivo autonómico ten por diante: crear entre 80.000 e 100.000 postos de traballo nesta lexislatura.


CONVERXENCIA CON EUROPA


Adicionalmente, coa vista posta no desafío de lograr que o PIB per cápita galego alcance o 88 por cento da media europea en 2020, o titular de Facenda sostivo que os traballos van "pola senda correcta". A modo de exemplo, referiu que en 2016 Galicia "creceu case o dobre que a media europea".


Dito isto, destacou o crecemento "san" da comunidade, que derivará en que "sairá da crise mellor preparada" para afrontar o futuro.


Por último, despois de cifrar nuns 23.000 millóns de euros os fondos que as instancias comunitarias deixaron en Galicia, Martínez apuntou que estas axudas non só contribuirán a mellorar a converxencia de Galicia con Europa senón tamén a "afrontar con maior compromiso" a crise demográfica.

relacionada España deberá dedicar más de 1.000 millones de fondos europeos al Plan de Garantía Juvenil
relacionada Xulgan por malversar fondos europeos ao ex delegado de Feijóo en Ourense
relacionada Galicia "volverá crecer por encima da media nacional" en 2017

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE