Celso Borges: "Por orgullo colectivo gustaríame pechalo gañando o domingo"

O costarriqueño quere apartarse de cálculos e quinielas conseguindo unha vitoria que asegure canto antes a permanencia ao Dépor.


|

Borges 1


A pesar de que Juanfran manifestou que lle gustaría que o Dépor xogase este domingo contra o Espanyol matematicamente salvado, non é o sentir unánime do vestiario. Así o manifestou este venres Celso Borgues, que defendeu que "por unha cuestión de orgullo colectivo gustaríame pechalo gañando o domingo". E insistiu en que "a min o que me gusta é a sensación de gañar un partido".


O costarriqueño recoñece que o cadro deportivista vive unha situación de "frustración" por desaproveitar boas oportunidades para asegurarse un ano máis en Primeira. Pero rexeita que as derrotas se atribúan á falta de intensidade. "Non creo que falte ambición nin ganas de facer as cousas ben, está na nosa ética como futbolistas, pero cando non se conseguen os resultados búscanse razóns", defende.


Á afección espera "poder darlle unha alegría" canto antes e di entender as queixas: "Hai que aprender a convivir coa crítica e saber escoitar, é parte do noso traballo e é unha opinión que merece ser respectada", asume.

relacionada Celso Borges: "Nas últimas xornadas téndese a correr menos riscos"
relacionada O Dépor encaixa outra vez ao comezo e non consegue pechar a permanencia
relacionada Bergantiños dá a cara: "Vai ser complicado gañar un partido de aquí ao final"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE