Aquae Talent Hub aterra por primeira vez en Galicia da man de Viaqua e a USC

|

Presentacionaquaetalenthub


O Colexio de Fonseca vén de acoller a presentación do Aquae Talent Hub, unha iniciativa da Fundación Aquae que celebrará a súa primeira edición en Galicia o próximo día 12 de maio grazas á alianza entre esta entidade, Viaqua e a USC. A cita terá lugar en Santiago, concretamente na facultade de Económicas do campus norte, estruturarase ao redor de un taller e unha master class impartidos cada un por un experto en innovación e emprendemento social e estará aderezado con unha boa dose de 'networking'.


O evento é gratuíto e aberto a todos aqueles "que teñan iniciativas, sexan inquietos e queiran poñer en marcha proxectos para mellorar a sociedade", segundo explicou durante a presentación a vicerreitora de Estudantes, María Dores Álvarez.


"Trátase dun instrumento para inocular o virus da innovación e o emprendemento entre os asistentes", ilustrou Álvarez.


O formato do evento, con talleres participativos e espazos para o networking e intercambio de ideas, fai necesario reducir o aforamento e asistencia á cita, polo que os organizadores insisten na importancia de reservar as prazas coa maior antelación posible. "O aforamento da sala é de máis de cincocentas persoas" explicou a vicerreitora, aínda que o ritmo de inscricións está a ser "moi alto".


Pola súa banda o director de Viaqua, Julio Masid, aproveitou para agradecer a primeira aposta do Aquae Talent Hub por Galicia e mostrou a súa satisfacción por formar parte desta iniciativa. "Queremos contribuír a construír un mundo mellor", algo que "facemos tamén día a día a través da xestión do ciclo integral da auga".


O reitor da USC, Juan Viaño, incidiu na necesidade de favorecer "o emprendemento universitario" algo polo que a universidade compostelá leva apostando desde fai "quince anos".


Viaño fixo fincapé ademais na importancia de "ofrecer aos emprendedores condicións nas que o estado de ánimo e as ganas de aprender se canalicen en proxectos reais".


Neste sentido, asegurou que "para ter éxito hai que fracasar primeiro" e animou a todos aqueles que teñan proxectos en mente a asistir ao Aquae Talent Hub e a levalos a cabo: "é importante non deixar de avanzar".


OBXECTIVOS E RELATORES


A iniciativa, que se estrea en Santiago o 12 de maio de 2017, consistirá nunha única xornada que se desenvolverá entre as 10,00 horas e as 14,00 horas na Facultade de Económicas de Santiago de Compostela e que se materializa grazas á colaboración da Fundación AQUAE con Viaqua e a USC.


Os obxectivos desta xornada para emprendedores son compartir experiencias de innovación e emprendemento social da man de expertos que representan o talento nesta área. Ademais, preténdese crear comunidade, congregando a todas as persoas que apostan polo talento e a innovación como motor de cambio social a nivel global. Por último, a iniciativa busca fortalecer e apontoar a innovación aplicada aos retos que se nos presentan como sociedade.


A xornada estrutúrase ao redor dun taller e unha masterclass, impartidos cada un por un experto en innovación e emprendemento. O taller de Santiago estará liderado por Irene Lapuente, fundadora de 'La Mandarina de Newton', unha empresa que une ciencia e tecnoloxía para fomentar a creatividade. A master class irá a cargo de Cecilia Tham, activista da innovación e fundadora de 'Makers of Barcelona' entre outros proxectos internacionais.

relacionada Aquae Talent Hub cita a emprendedores, 'makers' e innovadores sociais na USC

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress