Feijóo fai legal o ilegal e provoca un "efecto chamada" a plantar eucaliptos

ADEGA critica a proliferación de novas plantas de biomasa tras a decisión da Xunta de eliminar os límites de potencia que fixaba a lei.


|

Eucaliptos


A eliminación dos límites de potencia para plantas de biomasa levada a cabo polo Executivo de Feijóo está a provocar un "efecto chamada" a instalar centrais que hai poucos meses eran ilegais. A asociación ecoloxista ADEGA critica a manobra da Xunta que deu lugar a esta proliferación.


Así, ADEGA sinala nun comunicado un "clarísimo exemplo de como unha administración lexisla a favor dos intereses empresariais do 'lobby' pasteiro-enerxético". E é que volve estar sobre a mesa un proxecto para unha planta de biomasa similar a outro que a Xunta comezara a tramitar cando aínda incumpría a norma. Así, a central de 50MW pensada para Curtis volveuse presentar desde outra empresa, pero que a asociación ecoloxista mostra que está promovida pola mesma persoa.


Por iso, ADEGA sentenza que o proceder do Executivo galego se resume en: "se unha instalación non é legal, cámbiase a norma e arranxado".


MÁIS EUCALIPTOS


Este caso que relata a asociación ecoloxista ilustra a súa crítica ao que cualifican de "efecto chamada" á promoción de plantas que "necesitarán inxentes cantidades de madeira para queimar".


Segundo os seus cálculos "só as dúas plantas de 50MW en tramitación (a de Greenalia citada antes e outra de ENCE) requirirían queimar cada ano máis de 1,2 millóns de toneladas de madeira (entre 20 e 25.000 hectáreas).


Por tanto, ADEGA augura que "a utopía de ENCE está moi próxima a se consumar: ter medio país producindo eucalipto para pasta e outro medio, madeira para queimar". A consecuencia, unha Galicia convertida nun "deserto verde, un ermo ecolóxico e demográfico".

relacionada Ence confirma "con rotundidade" a planta de biomasa en Pontevedra despois de 2020
relacionada O sector madeireiro rexeita as limitacións á expansión do eucalipto en Galicia
relacionada O asociacionismo galego comeza a unir forzas contra a "eucaliptización"
relacionada Senra reclama no Parlamento Europeo que o eucalipto sexa declarado especie invasora

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE