A industria galega reafirma o seu rumbo decadente e é a que máis cae de España

Mentres a produción industrial española repunta un 4,9%, o retroceso galego foi do 3% no último trimestre.


|

Industriapescado


O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) baixou un 2,9% en Galicia en marzo en comparación co mesmo mes de 2016, mentres a media en España aumentou un 9%, o que supón o maior incremento en nove anos.


Así, no primeiro trimestre, entre xaneiro e marzo, Galicia acumula a maior caída da súa produción industrial (-3%) do Estado, sendo unha das tres únicas autonomías nas que baixa xunto coa Rioxa (-1,9%) e Castela e León (-1,8%). En cambio, en España de media sobe un 4,9%.


Galicia é unha das catro autonomías que rexistraron retrocesos na súa produción industrial en marzo, de feito a Comunidade galega ten a segunda maior caída (-2,9%) este mes, só superada por Castela e León (-4,3%). Tamén baixan Asturias (-0,9%) e A Rioxa (-0,1%).


As outras 13 comunidades incrementaron a produción das súas industrias en marzo respecto ao mesmo mes de 2016. Destacan os aumentos de Cataluña (+14,2%), Murcia e País Vasco (+13,5% en ambos os casos) e Comunidade Valenciana (+12,7%).


DATOS ESTATAIS


O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) aumentou un 9% en marzo en relación ao mesmo mes de 2016 en España, taxa 10,6 puntos superior á de febreiro e a máis alta desde abril de 2008, segundo informou este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).


Co avance interanual de marzo, a produción industrial volve a terreo positivo tras rexistrar en febreiro un retroceso do 1,6%.


Todos os sectores elevaron a súa produción respecto de marzo de 2016, salvo a enerxía, que reduciu a súa produción un 4,3% interanual. O maior aumento correspondeu aos bens de consumo duradeiro (+27,1%), seguido de bens de equipo e bens intermedios (+12,5% en ambos os casos) e dos bens de consumo non duradeiro (+9,3%).

relacionada A industria galega vende máis e gaña menos que o ano pasado
relacionada Biotecnoloxía e madeira, obxectivos para a "reindustrialización" de Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE