O Cunqueiro terá parking gratuíto só "para a xente de Vigo"

|

Cochescunqueiro 2Coches mal aparcados nas inmediacións do hospital.


A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou a adxudicación das obras de construción dun aparcadoiro gratuíto, con algo máis de 400 prazas, á beira do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), por 538.000 euros, segundo informou este xoves o alcalde olívico, Abel Caballero.


O rexedor reiterou que se trata dun parking que será gratuíto "para a xente de Vigo" e para aqueles cidadáns doutros municipios cuxos concellos accedan a asinar un convenio co de Vigo. Cuestionado sobre o sistema que se empregará para controlar o acceso a esas instalacións, Caballero pediu que se deixe da súa "man" esa cuestión, porque "o importante non é como, senón que é gratis".


Segundo explicou, unha vez adxudicada a obra, está previsto que os traballos se inicien "en 15 días", e o prazo de execución é de seis meses. Así mesmo, lembrou que esta actuación se atrasou pola "obstrución activa" da Xunta de Galicia, que "puxo todos os obstáculos que puido" na tramitación desta obra.


"Seguramente escoitaremos algunha voz, poñamos por caso, desde Mos", apuntou, en alusión á alcaldesa mosense Nidia Arévalo, e engadiu que lle gustaría que esas "voces" reclamasen á Xunta a gratuidade do aparcadoiro do hospital ou a apertura de dúas parcelas que a administración autonómica ten á beira do HAC e que pode habilitar para aparcadoiros gratuítos.

relacionada O BNG leva ao Hórreo as "deficiencias, irregularidades e denuncias" do Cunqueiro
relacionada Caballero aposta por unha 'fronte común' de alcaldes pola gratuidade do aparcadoiro do HAC

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress