Susana Díaz Supera por 5.000 avais a Pedro Sánchez

|

Pedrosanchezsusanadiaz


O equipo de Susana Díaz presentou este xoves en Ferraz 62.582 firmas para converterse en candidata ás primarias. É unha cifra moi superior ás 9.360 que esixían as normas do partido e unhas 5.000 máis dos 57.369 avais presentados polo equipo de Pedro Sánchez.


A delegación en representación de Susana Díaz chegou a Ferraz pasada as 11.30 horas co secretario xeral das Mocidades Socialistas, Nino Torre, á cabeza, acompañado por militantes de base, e con un total de 17 caixas.


Patxi López, pola súa banda, colleitou uns 12.000 avais de militantes para apoiar a súa candidatura á Secretaría Xeral do partido, un número co que quixo cumprir co "requisito establecido" porque considera que esta fase "non puntúa" nin "suma nada" para gañar o 21 de maio: "Isto é a grella de saída".


Así o defendeu o coordinador da súa candidatura, o ex secretario de Organización Óscar López, que encabezou a representación que acudiu este xoves a Ferraz. Os de Patxi López foron os primeiros en chegar á sede do PSOE, cun total de seis caixas nas que levaban os 12.000 avais solicitados durante dúas semanas en toda España. Xunto a el foron militantes en representación de federacións do partido.


López insistiu en que quixeron facer unha "campaña de recollida normal", coa única intención de "cumprir cun requisito", aínda que admitiu que é "inevitable" que algúns  o queiran ver como "unha competición". Pero insistiu en que estará equivocado porque os avais non son "nin sequera unha meta voante". "É a grella de saída", remachou.


"HOXE EMPEZA TODO"


O que hoxe se verá, dixo, é que hai tres candidaturas que van acreditar que van competir nestas primarias. "Hoxe empeza todo", defendeu o portavoz, que asegurou que afrontan o proceso que comeza agora con "toda a ilusión, apoio e confianza", porque están convencidos de que ao final haberá "moitos máis votos que avais".

relacionada Susana Díaz en Vigo: "Cando o PSOE se pon en marcha, non hai quen o pare"
relacionada Pedro Sánchez regresa a Galicia en busca de avais para as primarias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress