O paro baixa en 5.427 persoas en abril en Galicia

|

Empleocarpinteria


O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en abril en Galicia en 5.427 desempregados respecto ao mes anterior (-2,58%), segundo os datos publicados este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


En comparación con hai un ano, a Comunidade galega conta con 23.524 desempregados menos (-10,31%), o que sitúa o total en 204.629 desempregados.


No conxunto estatal, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou en abril en 129.281 desempregados respecto ao mes anterior (-3,5%), rexistrando así o seu maior descenso mensual en calquera mes dentro da serie histórica, segundo informou o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


O volume total de parados alcanzou a finais de abril, mes no que este ano se celebrou a Semana Santa, a cifra de 3.573.036 desempregados, o seu nivel máis baixo desde xullo de 2009.


O número de contratos rexistrados durante o mes de abril en España foi de 1.604.476, a cifra máis alta da serie histórica nun mes de abril e un 4,07% superior á do mesmo mes de 2016.


En abril de 2017 rexistráronse 151.448 contratos de carácter indefinido, o 9,4% do total, cun incremento do 3,8% sobre igual mes do exercicio anterior.


SEGURIDAD SOCIAL


O número de afiliados á Seguridade Social en Galicia subiu no mes de abril nun 2,24 por cento fronte ao mesmo mes do ano pasado, ao situarse en 964.468, o que supón 21.112 máis que no cuarto mes de 2016, segundo os datos do Ministerio de Emprego.


Con respecto ao mes anterior, marzo, a cifra de afiliados en Galicia aumentou un 0,56 por cento, o que supón 5.335 cotizantes máis.


Por provincias, en termos interanuais, o incremento máis importante foi en Pontevedra, un 2,59 por cento (8.363); seguida da Coruña, co 2,4 por cento (9.718); Lugo, cun 1,48 por cento (1.724); e Ourense, onde os afiliados aumentaron en 1.307 con respecto a hai un ano, un 1,33 por cento.


Do total de afiliados galegos en abril, 728.571 estábano no réxime xeral, 214.766 eran autónomos e 21.131 estaban dados de alta no réxime do mar. Dentro do réxime xeral, 5.190 corresponden ao sistema agrario e 27.606 cotizantes ao do fogar.


DATOS NACIONAIS


A nivel nacional, a Seguridade Social gañou en abril unha media de 212.216 afiliados (+1,2%), o seu mellor dato neste mes dentro da serie histórica, impulsado pola celebración da Semana Santa.


Deste xeito, ao finalizar o mes pasado, o total de ocupados superou por primeira vez desde o verán de 2009 a barreira dos 18 millóns. En concreto, abril terminou con 18.122.222 cotizantes, o seu nivel máis alto desde xullo de 2009.

relacionada O Goberno adianta a 2019 a previsión de alcanzar os 20 millóns de ocupados
relacionada Aumenta o número de fogares galegos con todos os seus membros en paro
relacionada Sobe o paro en 12.900 persoas en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress