Eixo Atlántico celebra a fin do 'roaming' como "un dos maiores avances da UE"

A medida beneficiará a viaxeiros, traballadores e habitantes de localidades transfronteirizas que non terán que pagar a tarifa móbil en itinerancia desde o próximo 15 de xuño. 


|

Movilroamingturistaaeropuerto


O Eixo Atlántico celebrou este mércores a entrada en vigor, o próximo 15 de xuño, da normativa europea que poñerá fin á tarifa móbil en itinerancia ou 'roaming', e que beneficiará a viaxeiros, traballadores e habitantes transfronteirizos.


O Eixo, xunto con entidades como a RIET, asociacións de consumidores e outras organizacións, liderou unha campaña para poñer fin ao custo extra para os usuarios de teléfono móbil no estranxeiro e para cidadáns de localidades transfronteirizas, que logrou máis de 100.000 apoios na plataforma change.org.


Por iso, tras a decisión das autoridades europeas de eliminar o 'roaming', o secretario do Eixo, Xoan Vázquez Mao, constatou que "se se quere, pódese" e mostrou a súa satisfacción polo feito de que a medida , "un dos maiores avances da UE nos últimos anos", teña en conta tamén a viaxeiros, traballadores e veciños, "un aspecto sobre o que o Eixo alertara especialmente á Comisión Europea".


A nova normativa aplicarase a usuarios de telefonía móbil en tránsito (viaxeiros, e traballadores transfronteirizos), de maneira que, mentres estean máis tempo no seu territorio nacional que no estranxeiro, poderán beneficiarse de prezos nacionais tamén fóra das súas fronteiras, tomando como período de referencia catro meses consecutivos.


Por norma xeral, no estranxeiro aplicaranse as mesmas tarifas que o usuario teña no seu contrato nacional, salvo no caso do consumo de datos ilimitado ou a prezo moi baixo. Nesas situacións, os operadores poderán aplicar restricións, avisando por adiantado.


SITUACIÓNS CONCRETAS


No caso de traballadores que crucen a diario a fronteira, e que poden estar máis tempo no estranxeiro que no seu país no período-referencia de catro meses, bastará con que se conecten polo menos unha vez ao día á rede nacional, e ese día non computará como día pasado no estranxeiro.


O mesmo criterio aplicarase aos habitantes de zonas transfronteirizas. Ademais, neste caso, o operador deberá informar os usuarios da maneira de evitar que a rede sexa 'invadida' por un operador estranxeiro.


No caso de estudantes Erasmus e voluntarios, se a estancia no estranxeiro é superior a 4 meses, non poderán beneficiarse do fin do 'roaming', e deberán facerse cun cartón SIM nos países de acollida.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE