Montoro enfróntase ás emendas á totalidade contra os seus Orzamentos

|

Montorovasodeagua


Os orzamentos abordan desde hoxe o seu primeiro exame parlamentario pendentes do posible 'si' do PNV. E é que Montoro afronta un debate no Congreso con sete emendas de totalidade que esixen a devolución das contas ao Goberno.


En total, Montoro enfrontarase á metade exacta do Congreso, pois o número de deputados que apoian o veto aos seus Orzamentos é 175, a un só voto da maioría absoluta que supoñería o fin da súa tramitación parlamentaria.


En total, rexistraron emendas á totalidade o PSOE, Unidos Podemos-En Comú-En Marea, Esquerra Republicana, o PDeCAT, Compromís, EH Bildu e Nueva Canarias. Todas elas votaranse conxuntamente, xa que todas piden o mesmo: devolver os Orzamentos ao Goberno.


Amplía esta información na noticia de Pressdigital.

relacionada España promete a Bruxelas cumprir o déficit "apróbense ou non os Orzamentos"
relacionada O PNV aféalle a Rajoy que dea por feito o seu apoio aos Orzamentos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress