CLUN coloca a Carlos Casares nun millón de cartóns de leite Feiraco

|

Carloscasaresfeiraco


A cooperativa CLUN presentou este martes a edición especial de Feiraco Letras Galegas 2017, que supoñerá sacar ao mercado un millón de cartóns coa imaxe do autor homenaxeado este ano, Carlos Casares, para divulgar esta efeméride.


O presidente de CLUN, José Ángel Blanco, e o director da súa división de Lácteos, Pablo Gómez, presentaron a iniciativa nun acto no que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o administrador da Fundación Carlos Casares, Hakan Casares, e o vicesecretario da Real Academia Galega, Andrés Torres Queiruga, entre outros.


A imaxe de Carlos Casares que lucirán os cartóns de Feiraco durante todo o mes é unha ilustración orixinal cedida pola Fundación Carlos Casares. Ademais, contarán cun código QR no lateral que permitirá descargarse dous títulos do autor.


Esta iniciativa englóbase na colaboración histórica de Feiraco coa Xunta de Galicia para difundir a celebración das Letras Galegas e "exemplifica a aposta de CLUN polo idioma, a cultura e o patrimonio" en "todos os seus ámbitos de actuación".


O patrocinio do concurso de carteis en centros educativos de toda Galicia e da Carreira das Letras, o próximo 14 de maio, completan o apoio de CLUN ás accións da Xunta coincidindo coa festividade das Letras Galegas 2017.

relacionada Carlos Casares, unha traxectoria marcada pola vocación de gañar lectores para o galego
relacionada Ourense poñeralle música ao conto 'Formiga' de Carlos Casares
relacionada Galaxia presenta a primeira biografía de Carlos Casares, "un contador de historias"

2 Comentarios

1

Ilustración original de Siro, caricaturista e debuxante que todo debe decirse e respetar autorias

escrito por Lucia 17/Mai/17    13:45 h.
2

Ilustración original de Siro, caricaturista e debuxante que todo debe decirse e respetar autorias

escrito por Lucia 17/Mai/17    13:44 h.

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress