O Centro BTT do Xurés abre tres novas rutas que suman outros 90 quilómetros

En total, a área deseñada e preparada para percorrer en bicicleta suma 238 quilómetros sinalizados e é a segunda máis ampla de Galicia.


|

XuresbicicletaTravesía do Xurés. // Foto: Turismo.gal


O Centro de Bicicletas Todo Terreo Serra do Xurés inaugurou este martes as tres novas rutas, que transcorren polo concello ourensán de Loibos e que incorporan á rede o Hotel Balneario Lobios-Caldaria como punto de información oficial.


Tal e como lembrou a Xunta, o Centro BTT Serra do Xurés é un espazo ao aire libre, deseñado e preparado para os usuarios de bicicletas todo terreo, "que posibilita o coñecemento do medio rural e natural a través do deporte".


Este centro da Rede BTT Galicia conta desde este martes cun total de nove rutas que discorren polos concellos de Muíños e Lobios, sumando un total de 238 quilómetros sinalizados. As tres novas rutas inauguradas suman un total de 90 quilómetros sinalizados no municipio de Lobios que, grazas ao seu deseño, permiten facer a conexión co resto das xa existentes.


Durante o acto de inauguración, a responsable de Turismo de Galicia, Nava Castro, explicou que o deporte asociado ao turismo "enriquece a experiencia dos que visitan" Galicia e "axuda a coñecer de preto algúns das paisaxes máis espectaculares do destino".


"A práctica do ciclismo de montaña incentiva o contacto coa natureza, primeira motivación pola que os turistas e viaxeiros elixen Galicia como destino", lembrou.


Castro destacou que, co novas tres rutas inauguradas, o Centro da Serra do Xurés convértese na "segunda instalación BTT de Galicia con máis quilómetros sinalizados", só por detrás dos 245 quilómetros do Centro BTT Portas de Galicia.

relacionada A emotiva campaña de Interior para fomentar o respecto ás bicicletas na estrada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE