Gadis lanza por quinto ano a campaña 'Maio Solidario' en favor dos bancos de alimentos

|

MAYOSOLIDARIOGADISPresentación da 5ª edición da campaña. // Foto: Gadis


A campaña 'Maio Solidario' de Supermercados Gadis arrinca a súa quinta edición consecutiva, co fin de incrementar a doazón de produtos a 11 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León. Esta mesma mañá presentouse esta edición, coa presenza de voluntarios de Bancos de Alimentos, persoal dun punto de venda e directivos da compañía: José Luis Fernández Astray, director de Comunicación, e Antonio Cortés Lobato, director de Márketing.


A empresa valora nun comunicado o "éxito obtido por esta acción solidaria no últimas catro edicións", nas que se recolleron un total de 464.000 quilos de alimentos, unha cifra que foi subindo ano a ano ata alcanzar o récord de 172.000 quilos en 2016, dos cales a compañía achegou 42.000.


Gadis agradece aos clientes a súa xenerosidade e desde este martes día 2 hasta o 31 de maio instala puntos de recollida en 186 supermercados de Galicia e Castela e León para que se depositen unicamente alimentos non perecedoiros.


A cadea de supermercados de GADISA, ademais, "sumará unha importante cantidade de alimentos ás achegas realizadas por clientes e traballadores co obxectivo de que os beneficios desta acción solidaria se estendan ao maior número de persoas".


Nesta liña, a empresa defende que elixe a fórmula de colaboración cos bancos de alimentos "porque habitualmente cooperan con numerosas asociacións e organizacións non gobernamentais e son coñecedoras das necesidades de cada colectivo".


As entidades ás que se doarán os produtos son os bancos de alimentos da Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Valladolid, Salamanca, León, Ponferrada, Palencia e Ávila. Ao longo do ano, tal e como informan no seu comunicado, o programa de Responsabilidade Social Corporativa da compañía suma "máis de 1.800 accións, nas que unha porcentaxe considerable son de carácter solidario".

relacionada Gadis reparte 30.000 euros en soldos para os seus mellores clientes
relacionada Gadisa xera 100 novos empregos coas súas catro primeiras aperturas do 2017

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress