A Eurocidade Monçao-Salvaterra inaugura a súa nova sede na fronteira

Está situada no antigo posto fronteirizo de Monçao e contará con persoal encargado de poñer en valor os lazos entre as localidades.


|

Inauguracionmoncaosalvaterra


A Eurocidade de Monçao e Salvaterra de Miño inaugurou a súa nova sede, situada no antigo posto da fronteira de Monçao, onde contará con persoal encargado de informar e poñer en valor o que identifica a estes dous pobos: o río, a cultura, a historia e a gastronomía.


No evento participaron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o secretario de Estado das Comunidades Portuguesas do Goberno de Portugal, José Luis Carneiro; o alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal; e o alcalde de Monçao, Augusto Domínguez.


Rueda destacou a importancia de que as dúas localidades desenvolvan proxectos en común para profundar na cooperación transfronteiriza. Así, esta Eurocidade, que se suma ás galego-portuguesas de Chaves-Verín e Tui-Valença, tamén realizará actividades e actos conxuntos e presentará proxectos para optar a fondos europeos para "dar novos recursos" aos seus 30.000 veciños.

relacionada Acto transfronteirizo para anunciar a electrificación da vía Viana-Valença
relacionada Feijóo avoga por reforzar vínculos económicos e sociais co Norte de Portugal
relacionada Galicia recibiu "un 23%" máis de viaxeiros portugueses en 2016

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE