Comeza este martes a terceira edición da 'Ourense ICC Week'

A cidade será ata o domingo o "epicentro da cultura, creatividade, audiovisual, música, novas tecnoloxías, gastronomía e as tendencias dixitais".


|

Ourenseiccweek


A terceira edición da 'Ourense ICC Week' comeza este martes, de forma que, ata o domingo 7, a cidade será "epicentro da cultura, creatividade, audiovisual, música, novas tecnoloxías, gastronomía e as tendencias dixitais", destaca a organización.


O evento reunirá uns 40 relatores de diversos campos que participarán nas case 120 horas de actividade que ofrece. A xornada inaugural desta edición contará coa escritora Elsa Punset e o xornalista e director Javier Rioyo como convidados especiais.





Presentados polo presidente da Deputación, José Manuel Baltar, ambos expoñerán a súa visión sobre a cultura e a creatividade como valor nos territorios ás 18,00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, nun encontro que xa ten todas as súas entradas esgotadas.


Depedro ofrecerá un concerto ás 21,00 no Teatro Principal de Ourense para presentar o seu último traballo, 'El Pasajeiro'. Con este proxecto musical en solitario, Jairo Zavala ofreceralle ao público un traballo sorprendente pola súa propia linguaxe sonora e literario.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE