Villares desdise da súa crítica a Podemos por acudir a JpD

|

Villaresmani1maio


O portavoz de En Marea, Luís Villares, rectificou este luns e sinalou que ve "pertinente" que Podemos acudise a Jueces para la Democracia, despois de afirmar que "sobraba" a petición de reunión para que esta asociación asesorase o partido na moción de censura a Rajoy.


En declaracións aos medios de comunicación este luns en Vigo, coincidindo coa súa participación na marcha polo 1 de maio, Villares aproveitou para "matizar unha cuestión" en relación á moción de censura anunciada polo líder da formación morada, Pablo Iglesias.


Respecto diso, o portavoz de En Marea dixo que avalía "moi positivamente como Podemos se dirixe a todos os medios sociais e a todos os interlocutores sociais".


"Primeiro para socializar e expoñer os motivos da moción de censura e, en segundo lugar, solicitar a información dos colectivos profesionais que saben máis do tema e que están máis informados sobre cales son as necesidades concretamente tamén en materia de xustiza", expuxo.


Nesta liña, valorou, agora, que "dirixirse ás asociacións xudiciais é unha aposta sempre oportuna". "Na medida en que queremos escoitar a cidadanía organizada e queremos escoitar a todos os colectivos sociais", precisou.

relacionada Villares reprende a Podemos por querer involucrar a JpD na moción de censura
relacionada Pablo Iglesias propón ao PSOE unha moción de censura contra Rajoy

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress