Os servizos de reprodución asistida rexeitan as parellas cun fillo san

ASMIG lamenta as "trabas" do Sergas, mentres a comunidade se enfronta a un "inverno demográfico" a curto e medio prazo.


|

Reproduccionasistida


A asociación de médicos interinos de Galicia (Asmig) acusa ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) de aplicar políticas "regresivas" de reprodución asistida. Así, advirte de que, "a pesar dos moi negativos datos poboacionais que se dan en Galicia", o Sergas "pon todo tipo de trabas para que a reprodución asistida poida paliar a curto e medio prazo o inverno demográfico que se aveciña".


Nun comunicado, esta asociación sinala que "o sistema público rexeita atender a aquelas parellas que xa teñen un fillo san". "De forma incomprensible e dando as costas a unha realidade máis que preocupante, o Sergas aplica políticas que non só non axudan a mellorar a substitución xeracional, senón que agravan a tendencia negativa por todos coñecida", incide.


Este colectivo critica que esta situación se produce a pesar de que a Xunta "ten todas as competencias sanitarias transferidas e pode implementar políticas propias máis acordes coas necesidades reais do país".


Desta maneira, censura "todas as pomposas declaracións do mesmo presidente da Xunta e dos seus conselleiros en canto á necesidade de investir de forma drástica a curva de poboación para garantir no futuro a propia pervivencia de Galicia", ao entender que "se converten en meras declaracións de intencións sen base real tanxible".


CASO NA CORUÑA


En concreto, Asmig apunta o caso dunha paciente de 39 anos que "se deu de bruzos con este frontón oficial, ao ser advertida de que, ao ter xa un fillo, non pode beneficiarse dos servizos de reprodución asistida do Chuac, xa de seu absolutamente insuficientes para atender a enorme demanda existente".


Para estes médicos interinos, "o surrealismo da norma inclúe como motivo de rexeitamento gozar dunha parella estable". "É dicir, se a muller que solicita ser incluída no anémico programa cambia de parella, é inmediatamente aceptada", reproba.


Lembran que a crise demográfica é "crítica" e que "España ten unha taxa demográfica de 1,1 fillos por parella, moi inferior á de substitución xeracional, que se sitúa en 2,11".


E, neste escenario, instan á Xunta de Galicia a que obrigue ao Sergas para modificar a súa carteira de servizos "para que sexan incluídas todas as parellas estables con ou sen fillos, eliminando as incomprensibles restricións aplicadas ata a data".


Reclama, así, que se potencie "de forma clara e decidida" unhas Unidades de Reprodución Asistida que, "a día de hoxe, non están á altura do que os tempos demandan e os cidadáns esixen".

relacionada As claves do reto demográfico: "flexibilidade" das empresas e "corresponsabilidade" nas familias
relacionada Facer fronte ao reto demográfico pasa por "fixar poboación no rural"
relacionada CESM pide a Feijóo "medidas reais" e "prácticas" contra o "inverno demográfico"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE